A AEF e a Mancomunidade presentan a campaña "Contrate Empresas Legais"

Categoría: Actividades
Publicado el Jueves, 19 Marzo 2015 16:33
Escrito por ferrolterra
Visitas: 595

A AEF e a Mancomunidade presentan a campaña “Contrate empresas legais!”

A presentación tivo lugar onte, 13 de xaneiro de 2014, ao inicio da reunión ordinaria do pleno da mancomunidade. Os concellos se comprometeron a iniciar a difusión nos seus municipios dos trípticos informativos. Nestes se detallan os requisitos que deben cumprir as empresas e as garantías que ofertan a os seus clientes.

A Asociación de Empresarios Ferrolterra, xunto coa Mancomunidade de Concellos de Ferrol –Concello de Narón, Concello de Mugardos, Concello de Neda, Concello de Fene, Concello de Ares, Concello de Valdoviño, Concello de Cedeira, Concello de Ferrol e Concello de Cabanas-  iniciaron de xeito conxunto unha campaña de concienciación e sensibilización aos cidadáns, para que opten por empresas legalmente constituídas, asegurándose así que a execución da reforma se fará con todas as garantías e coñecendo as responsabilidades ante posibles incidencias. E co obxectivo final de tratar de atenuar o alto nivel de intrusismo que afecta a este sector, especialmente en obras de reforma y rehabilitación.

A presentación tivo lugar onte, 13 de xaneiro de 2014, ao inicio da reunión ordinaria do Pleno da Mancomunidade. Os concellos se comprometeron a iniciar a difusión nos seus municipios dos trípticos informativos. Nestes se detallan os requisitos que deben cumprir as empresas e as garantías que ofertan a os seus clientes.

Ademais os concellos incluirán nos documentos administrativos de obra maior e menor información sobre a importancia de contratar empresas legais.

Os representantes da A.E.F. José Ramón Franco, Carlos Moreira García e Benjamín Teijeiro Menéndez,  Presidente e Vicepresidentes da Asociación de Empresarios Ferrolterra, destacaron os beneficios que reporta á sociedade en xeral a contratación con empresas legalmente constituídas.

 Nestes momentos de crise económica é sumamente importante o apoio ás pequenas e medianas  empresas, así como a aquelas persoas que crean o seu propio posto de traballo.

Adjuntos:
Descargar este archivo (AEF triptico Campaña Construccion .pdf)AEF Tríptico Campaña Construccion[ ]516 kB