XORNADA "PRL NA XESTIÓN DA CONSTRUCIÓN"

Categoría: Portada
Publicado el Martes, 16 Julio 2019 11:45
Escrito por ferrolterra
Visitas: 750

A Asociación de Empresario Ferrolterra en colaboración coa APE Galicia, organiza unha xornada financiada pola Xunta de Galicia a través da ORDE do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2019.

DATA: 31 de xullo de 2019.

HORARIO: de 10 a 13 horas

OBXECTIVOS DA XORNADA

• Xerar conciencia nos asistentes da importancia de implantar unha “cultura preventiva” na empresa.

• Concienciar aos asistentes das vantaxes que supón a creación de contornas laborais seguros para a empresa a nivel económico, laboral e persoal.

• Coñecer as principais responsabilidades que, como empresa téñense en materia preventiva e entender a seguridade laboral como un compromiso de todos os seus integrantes: empresarios, traballadores, colaboradores e provedores.

• Coñecer as claves de actuación preventiva nas pequenas empresas de construción que garantan a seguridade das persoas que nela traballan e as responsabilidades que debe asumir o empresario para garantilas.

PÚBLICO OBXECTIVO

Traballadores autónomos, emprendedores ou persoas desempregadas afíns ó sector da construción, ou calquera outra interesada nos contidos desta xornada.

Información e inscriciónS:

DÍPTICO: descargar pdf

IMPRESO PARTICIPACIÓN: descargar pdf

web XORNADA PRL 31.07.2019