Llámenos
981333305

Portada

Ferrolterra-Buscador
  CP by PSD TO HTML

Proxecto “Avaliación da situación actual dos polígonos empresariais de Narón e deseño dun plan de acción”

O proxecto “Avaliación da situación actual dos polígonos empresariais de Narón e deseño dun plan de acción”, e un proxecto presentado pola AEF ao concello de Narón (cofinancia o proxecto) , que na súa primeira fase, tratou de obter e recompilar información actualizada da situación actual das áreas empresariais situadas no Concello de Narón e elaborar o correspondente informe. Así como, realizar unha xuntanza para presentar a información e recoller peticións dos empresarios situados nas diferentes áreas que participen na mesma.

O obxectivo principal do proxecto é coñecer a realidade actual dos polígonos situados no Concello de Narón: características, necesidades e potencialidades e procurar as melloras necesarias para favorecer o desenvolvemento socioeconómico do concello de Narón.

Son outros obxectivos:

  • Dispor de información global da actividade económica dos polígonos.
  • Programar melloras que contribúan a dinamización da actividade empresarial, ofrecendo lugares preferentes para o asentamento de actividades económicas.
  • Favorecer a xestión da administración municipal ó contar con información real e actualizada.
  • Facilitar a realización de análises económicos ligados ó territorio.
  • Dar visibilidade ós polígonos cun dobre obxectivo: dar a coñecer as empresas asentadas e favorecer a chegada de novos proxectos empresariais

A Xuntanza cos empresarios tivo lugar o 18 de decembro, e contou coa asistencia do edil David Pita Breijo, responsable de Promoción e xestión de polígonos industriais, promoción económica e infraestruturas públicas.

PQreunionCNaron1

 

PQreunionCNaron2

Asociación Empresarios Ferrolterra
Punta Arnela - Edf. usos múltiples, 2ª Planta
A Coruña - Ferrol - 15405
981 333 305
info@empresarios-ferrolterra.org
¡Síguenos!
Descarbonizacion