Llámenos
981333305

Portada

Ferrolterra-Buscador
  CP by PSD TO HTML

A Asociación de Empresarios Ferrolterra visita ao Presidente da Deputación

A Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF) presentou o 24 de abril na sede da Deputación da Coruña as primeiras conclusións o estudo "Diagnóstico socioeconómico comparado de Ferrol e a súa área de influenza", que financia a institución provincial.

O informe íntegro, que foi elaborado foi elaborado por Jesús Ángel Dopico Castro, profesor de Economía Aplicada e membro do grupo de investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña, será presentado o vindeiro xoves 27 de abril na asemblea da Asociación de Empresarios de Ferrolterra.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado responsable de Promoción Económica e Emprego, José Luis García, recibiron ao presidente da AEF, José Ramón Franco Caaveiro, que expuxo os principais resultados que arroxa este estudo sobre os 20 municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Unha radiografía de Ferrol, Eume e Ortegal

González Formoso destacou a "utilidade do informe" que amosa "unha detallada radiografía socioeconómica das tres comarcas e que pode servir de base para futuras estratexias de dinamización do territorio".

O informe recompila gran cantidade de datos, esencialmente cuantitativos, que permiten avaliar aspectos clave coma o emprego, a poboación, a renda ou a demografía empresarial, tanto da comarca en conxunto coma de cada municipio por separado. Ademais, o estudo inclúe unha comparativa da comarca con outras zonas do territorio nacional con características similares, como poden ser Avilés, Irún, Fuengirola ou Collado Villalba.

O presidente da asociación, que aglutina a máis de 200 socios do área de Ferrolterra, explicou que este extenso proxecto poderá servir de guía para que os concellos e os axentes socioeconómicos locais poidan avaliar a súa situación e plantexar obxectivos estratéxicos e liñas de acción orientadas á mellora das estruturas socioeconómicas da área.

Neste sentido, Valentín González Formoso comprometeuse a estudar distintas vías de colaboración para dar continuidade ao traballo xa realizado, coma a organización dunha serie de mesas sectoriais con especialistas e expertos nos ámbitos, social económico e político. O obxectivo será, sobre o escenario plantexado polo estudo, elaborar estratexias de dinamización económica e impulso ao emprego nas tres comarcas.

Así mesmo, outros proxectos para dar continuidade ao estudo son o desenvolvemento de informes detallados a nivel municipal, a edición do estudo nunha publicación ou a presentación das conclusións do análise en distintos puntos da comarca.

 

Visita deputacion 2 24042017

Asociación Empresarios Ferrolterra
Punta Arnela - Edf. usos múltiples, 2ª Planta
A Coruña - Ferrol - 15405
981 333 305
info@empresarios-ferrolterra.org
¡Síguenos!
Ferrolterra-Naron