Llámenos
981333305

Portada

Ferrolterra-Buscador
  CP by PSD TO HTML

Seminarios Web dos programas Re-acciona

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) publicou recentemente as bases das novas convocatorias do ano 2017 e 2018 para a solicitude dos servizos dos programas Re-acciona. Baixo a premisa de  coñecer máis de preto os servizos ofertados, organiza un ciclo de seminarios web nos que se poderán coñecer as vantaxes que se atopan en accións como o relanzamento comercial, a mellora da imaxe e da comunicación ou a optimización financeira, entre outras, da man dos propios axentes prestadores dos servizos. Os devanditos webinars celebraranse os días 9 de cada mes en horario de 9:30 a 10:30 horas.

Os seminarios previstos seguirán todos a mesma estrutura: despois dunha breve introdución, falarase dos servizos do webinar correspondente a ese día e finalizarán cunha rolda de preguntas/debate. O calendario das presentacións é o seguinte:

  •     9 de xaneiro. Servizos de profesionalización (I): Servizo de Optimización Financeira (Arxon  Estrategia) e Servizo de Relanzamento Comercial (ITC Consulting).
  •    9 de febreiro. Servizos de desenvolvemento estratéxico (I): Servizo de análise do potencial competitivo (OBZ+Deloitte+Estratega), Servizo de plan de futuro empresarial (DPI) e Servizo de redes de cooperación e de socios (INOVA)
  •      9 de marzo. Servizos de profesionalización (II): Servizo de mellora da produción e a cadea loxística  (Team&Time), Servizo de xestión por procesos (Serviguide) e  Servizo de Imaxe e Comunicación (Eosa).
  • 6 de abril. Servizos de desenvolvemento estratéxico (II): Servizo de plans e protocolos de empresa familiar (Parada Cotelo), Servizo de transformación de negocio (INOVA+Serviguide) e Servizo de desenvolvemento de plans de acción (DPI).

As xornadas están especialmente dirixidas a persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector (xerencia, compras, produción, finanzas etc.). Para asistir cómpre inscribirse no enderezo de correo electrónico ou a través do teléfono 986 419 922 (ext. 2004).

 

Webinar2

Asociación Empresarios Ferrolterra
Punta Arnela - Edf. usos múltiples, 2ª Planta
A Coruña - Ferrol - 15405
981 333 305
info@empresarios-ferrolterra.org
¡Síguenos!
Ferrolterra-Naron