Llámenos
981333305

Portada

Ferrolterra-Buscador
  CP by PSD TO HTML

Convocatoria de acreditación de competencias profesionais 2018

Tendo en conta a importancia que esta convocatoria pode ter para moitos traballadores e traballadoras, informamos a continuación do procedemento para a acreditación das competencias profesionais.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a Orde do 29 de decembro de 2017 (DOG do 10 de xaneiro de 2018) pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.

A través deste procedemento os traballadores e traballadoras de Galicia poderán obter o recoñecemento e a certificación oficial das competencias profesionais conseguidas a través da experiencia acumulada ao longo da súa vida laboral naquelas unidades de competencia que se correspondan coa actividade desenvolta. A acreditación de unidades de competencia poderá dar lugar, cando se completen todos os requisitos, á obtención de certificados de profesionalidade e/ou títulos de formación profesional.

Para poder participar no procedemento deberá realizarse unha solicitude utilizando a aplicación informática que xa está dispoñible no vínculo https://www.edu.xunta.es/acreditacion/, rematando o prazo de presentación o 2 de febreiro de 2017.

Na presente convocatoria ofértanse cualificación das seguintes familias profesionais: 

· Administración e xestión.

· Agraria.

· Comercio e mercadotecnia.

· Edificación e obra civil.

· Electricidade e electrónica.

· Fabricación mecánica.

· Hostalería e Turismo.

· Imaxe persoal.

· Industrias alimentarias.

· Informática e comunicacións.

· Instalación e mantemento.

· Madeira, moble e cortiza.

· Química.

· Sanidade.

· Servizos socioculturais á comunidade.

· Transporte e mantemento de vehículos.

Para calquera consulta que se queira formular sobre esta convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pon a disposición os seguintes teléfonos 981 544 400 / 981 544 376 / 981 546566

A información relacionada coa convocatoria poderase consultar no portal educativo de Formación Profesional http://www.edu.xunta.es/fp/plan-acreditacion-experiencia-profesional

Os centros de referencia en Ferrol onde se vai desenvolver o proceso de recoñecemento, avaliación e acreditación da competencia profesional son:

                                                                           

CIFP Ferrolterra: 981 333 107 /

CIFP Rodolfo Ucha: 981 930 145/

 

acreditaciones

Asociación Empresarios Ferrolterra
Punta Arnela - Edf. usos múltiples, 2ª Planta
A Coruña - Ferrol - 15405
981 333 305
info@empresarios-ferrolterra.org
¡Síguenos!
Ferrolterra-Naron