Xornada "Impulsando o desenvolvemento económico de Ferrolterra"

Categoría: Actividades
Publicado el Miércoles, 15 Diciembre 2021 11:35
Escrito por ferrolterra
Visitas: 170

A apertura estivo a cargo de Carlos Moreira, Vicepresidente da AEF e do Presidente da Deputación de A Coruña, entidade colaboradora no evento. Valentín Formoso salientou entre outras cuestións a importancia de que Ferrolterra conte cunhas infraestruturas ferroviarias acordes ós tempos actuais, a necesidade de solo industrial; e no eido forestal, a ordenación das diferentes especies, sen exclusión. Puxo en valor a infraestrutura portuaria, a necesidade de diversificar a economía de Ferrolterra. 

PQFoto Xornada Impulsado o desenvolvemento 3

PQFoto Xornada Impulsado o desenvolvemento 4

 

PQFoto Xornada Impulsado o desenvolvemento 1

O profesor Fernando González Laxe, repasou os principais problemas cos que se atopa actualmente a empresa: coste da enerxía, a falta de suministros, a incerteza das políticas fiscais, e a necesidade de contar con infraestruturas ferroviarias para o movemento das mercancías. Destacou o porto de Ferrol como o segundo con mellor conectividade, despois de Vigo. A carencia dunha imaxe de marca, a necesidade de contar un pacto industrial, crear en Ferrol un Clúster de Defensa, exencións fiscais e favorecer a especialización das áreas portuarias, foron outras das ideas expostas.

Miguel Ángel Vázquez Taín, matizou as oportunidades que os Fondos Next Generatión ofrecerán para Ferrolterra, especialmente en proxectos relacionados coa transición enerxética, a transformación dixital e a economía circular. Coñecer as exixencias dos inversores para asentarse no territorio e favorecer a xeración de novas actividades. A importancia de contar con unhas adecuadas infraestruturas de telecomunicións....,

Ramón Yañez Brage, destacou a importancia de realizar unha axeitada xestión dos Fondos, aprendendo das experiencias anteriores vividas en Ferrolterra. O transvase dos fondos deber ser o adecuado para que cheguen ás pequenas empresas. Deseñar una nova relación entre Navantía e as industrias auxiliares, contar cunha armadura institucional con vocación de futuro e eficiente.

O diagnóstico de por onde pasa o futuro de Ferrolterra, está feito, é preciso lideralo, contar coa responsabilidade dos diferentes axentes sensibilizados e comprometidos cos cambios que se precisan.

PQFoto Xornada Impulsado o desenvolvemento 2

 

A Clausura estivo a cargo do Presidente da AEF, Ángel Torreiro Freire, que agradeceu as aportacións dos relatores e a asistencia a todos os presentes.

PQFoto Xornada Impulsado o desenvolvemento 5

Para rematar o Alcalde de Ferrol, fixo referencia ós principais retos ós que se enfronta Ferrolterra: modernización das infraestruturas, clúster defensa, consolidar o sector eólico, contar cunha industria naval forte....

 PQFoto Xornada Impulsado o desenvolvemento 6

 

Resumo das publicacións nos medios de comunicación: