Llámenos
981333305

Actividades

Ferrolterra-Buscador
  CP by PSD TO HTML

Concello de Narón/AEF e a Transición Enerxética

O Concello de Narón e a Asociación de Empresarios Ferrolterra convidan á ministra de Transición Ecolóxica a unha reunión no Consistorio trala exclusión do empresariado local das axudas de Transición Xusta.
 
A alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, reuníronse o 1 de marzo no Concello co presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra, Ángel Torreiro, e Nonito Aneiros, vogal da citada entidade, co fin de analizar as accións a levar a cabo trala confirmación da exclusión do sector empresarial da cidade das axudas de Transición Xusta. Os representantes do goberno local e do sector empresarial coincidiron en calificar de “inxusta” unha situación que lles afecta directamente e os sitúa nunha posición de clara desventaxa con respecto a outros concellos da zona tamén afectados como Narón polo anunciado peche da térmica pontesa.
 
No transcurso da reunión os políticos locais e os empresarios acordaron convidar a unha reunión no Concello á Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, aproveitando a visita que realizará esta mesma semana á cidade. A finalidade do encontro é abordar este grave problema que afecta ao empresariado local e urxir que se revirta esta situación para ofrecer ao sector un trato igualitario. Así mesmo, tal e como explicaron, solicitarase unha nova entrevista co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, co fin de abordar tamén esta situación de exclusión das axudas, despois de que o pasado ano se indicase que Narón podería optar ás novas liñas de axudas que se habilitasen. Unha terceira reunión será a que se requira co conselleiro de Industria, Francisco Conde, para trasladarlle a importancia desta problemática e, ao tempo, analizar a viabilidade de que o sector empresarial de Narón poida acollerse a algún tipo de axuda autonómica.
 
ReunionNaron01032023
 
 

"É o momento de Ferrolterra"

Baixo o lema "É o momento de Ferrolterra" a Asociación en colaboración coa Diputación da Coruña está a desenvolver unha campaña informativa de publicidade e promoción sobre o tecido empresarial do territorio.

As empresas asociadas, en xeral, a base empresarial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal son as beneficiarias da acción divulgativa e promocional posta en marcha pola Asociación de Empresarios Ferrolterra, e que conta coa financiación da Deputación da Coruña no marco do programa de subvencións para actividades de promoción económica e fomento do emprego ano 2022.

O enorme potencial que presenta o territorio para a atracción de novas empresas está na base desta campaña cuxo obxectivo é darlle visibilidade promover a captación de novas colaboracións e xerar sinerxías, dentro do compromiso pola cooperación, a formación e a cultura asociativa. A través de varios soportes publicitarios e accións de difusión, visibilizaranse as capacidades para levar a bo porto os proxectos en marcha e futuros. Os ilusionantes retos de futuro que afrontar da man, en beneficio de todos, cunha chamada á unión, á colaboración entre todo o tecido empresarial de Ferrolterra, porque é o momento, e porque ‘xuntos sempre somos mellores’.

Recordar que, precisamente este ano cúmprense 30 anos de actividade da AEF, nacida como organización intersectorial no ano 1992, e entidade que representa e defende con maior autoridade e solvencia os intereses do sector empresarial ferrolterrán e na súa zona de influencia económica.

Esta iniciativa é posible grazas á coa colaboración da Deputación da Coruña no marco da liña de axudas para ás asociacións.

https://www.empresarios-ferrolterra.org/index.php/socios 

 

600x400 imagen para web e o momento

 

 

 

Convenio AEF-Concello de Narón: Narón-Empresa

A AEF en colaboración co Concello de Narón, desenvolve unha actividade para la actualización da información dos parques empresariais de Narón. (Ano 2022)

imaxe

 

Xornada: Emprender desde Ferrol para o mundo é posible

A AEF organiza coa colaboración do Concello de Ferrol unha conferencia "Emprender desde Ferrol para o mundo é posible" e un Obradoiro dirixido a emprendedores de Ferrol "A análise da idea de negocio e a importancia da visibilidade nos medios". As dúas actividades estárán a cargo do reputado xornalista e conferenciante Juanma Romero. https://www.juanmaromero.com / Descargar pdf

 

cartel AEF xornada tz 690 

Curso Carretillas Norma UNE

Los días 8, 9, 12 y 13 de septiembre realizamos el Curso “Manejo seguro de carretillas elevadoras. Norma UNE” que realizamos en colaboración con la Confederación de Empresarios de La Coruña y la Confederación de Empresarios de Galicia y que tuvo un duración de 24 horas y contó con la asistencia de 18 alumnos.

 

pq practicas carretillas

 

 

Presentación do Informe "O emprego autónomo en Galicia: situación actual e perspectivas"

O 15 de setembro estivemos en Santiago de Compostela na presentación do informe "O emprego autónomo en Galicia: situación actual e perspectivas", elaborado por APE Galicia.
Ao evento asistiron o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde López; a conselleira de Promoción e Emprego, María Jesús Lorenzana; a directora xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús; a xunta directiva de APE Galicia; representantes de entidades financeiras e, tamén presidentes, presidentas e representantes das asociacións que formamos parte de APE Galicia.
 
PQape galicia presentacion estudio
Asociación Empresarios Ferrolterra
Punta Arnela - Edf. usos múltiples, 2ª Planta
A Coruña - Ferrol - 15405
981 333 305
info@empresarios-ferrolterra.org
¡Síguenos!
Descarbonizacion