- Detalles
-
Categoría: Actividades
-
Publicado el Lunes, 26 Abril 2021 10:59
-
Escrito por ferrolterra
-
Visitas: 632
El pasado viernes nuestro presidente, Ángel Torreiro, participó en la presentación realizada por la Consellería de Educación de las líneas de trabajo que la Xunta está desarrollando en materia de Formación Profesional.
- Detalles
-
Categoría: Actividades
-
Publicado el Martes, 09 Marzo 2021 12:39
-
Escrito por ferrolterra
-
Visitas: 630
O 9 de marzo asistimos a reunión de Técnicos para o Emprego de Ferrolterra, na que se presentaron proxectos mancomunados, se falou da reactivación da publicación na axenda comarcal para o emprego e o emprendemento e cada un dos técnicos asistentes fixo un breve resumo da actividade da súa entidade.
Desde esta ligazón podes acceder á axenda: https://comarcaferrolterra.wordpress.com/axenda-comarcal-para-o-emprego-e-o-emprendemento/
- Detalles
-
Categoría: Actividades
-
Publicado el Lunes, 01 Marzo 2021 12:46
-
Escrito por ferrolterra
-
Visitas: 615
A AEF invitada polo Delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, participou nunha reunión coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, e o Director do IGVS, Heriberto García, na que se deron a coñecer as novidades para a comercialización no 2021, do solo empresarial promovido por Xestur.
No noso contorno, serán os Polígonos de Cedeira e Ortigueira os que se beneficiarán dun precio bonificado -redución do 50 %-
Pódese consultar información detallada -parcelas libres, superficie, uso, prezo bonificado, etc.-, no seguinte enlace https://www.xesturgalicia.com/index.php?seccion=solo_empresarial&opcion=solo_disponible
As novidades que ofrece Xestur este ano 2021, para adaptarse ás especiais condicións consecuencia do COVID-19, son as seguintes:
- As empresas ás que se adxudique solo na modalidade de compravenda poderán solicitar unha prórroga para proceder a escriturar o solo. En anos anteriores este prazo era dun mes.
- As empresas adxudicatarias de solo en dereito de superficie (solo a cambio dun canon anual reducido e opción de compra), terán a posibilidade de solicitar 3 anos de carencia para o pagamento do canon. En anos anteriores o prazo era de 12 meses. O canon correspondente ó período de carencia será prorrateado nas 8 anualidades seguintes.
- As empresas adxudicatarias de solo en dereito de superficie , que o desexen poderán adquirir as parcelas con bonificación ata o oitavo ano despois da adxudicación, o que supón dous anos mais que hasta agora. No caso de que adquiran a parcela, descontarase o 40% do pagado en concepto de canon se a adquisición se realiza nos 12 anos posteriores á adxudicación , ata agora este prazo era de 7 anos.
- Increméntanse os requisitos que deben cumprir os adxudicatarios para garantir o cumprimento dos obxectivos das bonificacións:
- Construción nas súas instalacións ou obtención da licencia de actividade no prazo máximo de tres anos dende a formalización da adxudicación en escritura publica.
- Obrigatoriedade de manter a actividade durante 10 anos, que se incrementará a 12 si a parcela se adquire co obxectivo de ofrecer naves en réxime de alugueiro a outras empresas.
As empresas interesadas en presentar ofertas ao concurso poderán facelo ata o vindeiro 23 de marzo.
- Detalles
-
Categoría: Actividades
-
Publicado el Jueves, 04 Febrero 2021 10:25
-
Escrito por ferrolterra
-
Visitas: 704
A Asociación de Empresarios Ferrolterra participa, un ano máis, no Programa Atrévete tal e como ven facendo desde o ano 2014. Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.
Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e as diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.
+ Info: https://www.edu.xunta.gal/fp/eduemprende-atrevete-2020-2021
- Detalles
-
Categoría: Actividades
-
Publicado el Martes, 29 Diciembre 2020 13:55
-
Escrito por ferrolterra
-
Visitas: 637
A Asociación de Empresarios Ferrolterra coa colaboración do concello de Ferrol, promove unha campaña dirixida a fomentar a cultura emprendedora. Así, emprendedores de diferentes sectores de actividade, que iremos descubrindo día a día, darán a coñecer a súa experiencia.
Podes ver todas as experiencias no noso canal de Youtube.