Llámenos
981333305

Información

Ferrolterra-Buscador
  CP by PSD TO HTML

Axudas extraordinarias á industria da automoción en Galicia 2024

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas extraordinarias á industria da automoción en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva (liña A, código de procedemento IG300I, e liña B, código de procedemento IN422P) (DOG de 2 de xullo de 2024). Descargar PDF

EXTRACTO da Resolución do 1 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas extraordinarias á industria da automoción en Galicia (liña A), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300I) (DOG de 2 de xullo de 2024). Descargar PDF

EXTRACTO da Resolución do 1 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas extraordinarias á industria da automoción en Galicia (liña B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IN422P) (DOG de 2 de xullo de 2024). Descargar PDF

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 9.00 horas do día 8 de xullo de 2024 e rematará ás 14.00 horas do 31 de outubro de 2024

 

Programa #DescubreGaliciaenOutono

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos, se convocan para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes (código de procedemento TU985F) (DOG de 28 de xuño de 2024). Descargar PDF

EXTRACTO da Resolución do 27 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos, se convocan para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes (código de procedemento TU985F) (DOG de 28 de xuño de 2024). Descargar PDF

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonoturismo.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde as 9.00 horas do día 4 de xullo ata o 16 de decembro de 2024 e a súa validez estenderase desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024

Programa de axudas para a promoción de vivenda en alugueiro accesible 2024

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para a promoción de vivenda en alugueiro accesible da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2024 (código de procedemento VI435D) (DOG de 24 de xuño de 2024). Descargar PDF

EXTRACTO da Resolución do 14 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das axudas para a promoción de vivenda en alugueiro accesible da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2024 (código de procedemento VI435D) (DOG de 24 de xuño de 2024). Descargar PDF

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de outubro de 2024.

Bonos Talento empresa 2024

ORDE do 10 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas dos Bonos Talento empresa para a realización de proxectos formativos de curta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2024-2025 (código de procedemento TR302D) (DOG de 25 de xuño de 2024). Descargar PDF

EXTRACTO da Orde do 10 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas dos Bonos Talento empresa para a realización de proxectos formativos de curta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2024-2025 (código de procedemento TR302D) (DOG de 25 de xuño de 2024). Descargar PDF

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 16 de setembro de 2024

Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A) (DOG de 21 de xuño de 2024).Descargar PDF

EXTRACTO da Resolución do 11 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A) (DOG de 21 de xuño de 2024). Descargar PDF

O prazo de presentación será dun mes.

Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas 2024

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU986B) (DOG de 14 de xuño de 2024). Descargar PDF

EXTRACTO da Resolución do 5 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU986B) (DOG de 14 de xuño de 2024). Descargar PDF

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco meses.

Asociación Empresarios Ferrolterra
Punta Arnela - Edf. usos múltiples, 2ª Planta
A Coruña - Ferrol - 15405
981 333 305
info@empresarios-ferrolterra.org
¡Síguenos!
Descarbonizacion