Inauguración de "Atenda"
- Detalles
- CategorÃa: Portada
- Publicado el Viernes, 29 Abril 2022 12:44
- Escrito por ferrolterra
- Visitas: 556
O 29 de abril o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, inauguro un novo espazo de tecnoloxía “Atenda”.
Esta actuación, enmarcase no Programa “Espazos de tecnoloxía aplicada”, da consellería de cultura, Educación e Universidade, para a conversión de aulas tradicionais en Espazos de tecnoloxía aplicados á Formación Profesional.
O Rodolfo Ucha foi un dos centros seleccionados dentro deste programa, coa súa proposta “Tenda Intelixente e almacén robotizado 4.0”. Trátase dun espazo orientado ao alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de "Comercio e márketing" que permite implementar tendas de calquera tipo e que conta ademais cun almacén robotizado. O alumnado poderá poñer en práctica moitos dos coñecementos impartidos nos ciclos formativos da familia profesional de "Comercio e márketing" nun entorno próximo á realidade.
Enrique González, asistiu á inauguración.
Parabéns desde a AEF por este excelente traballo!!!