BONIFICACIÓNS NOS PREZOS DAS PARCELAS DOS POLÍGONOS EMPRESARIAIS DE ORTIGUEIRA E CEDEIRA
- Detalles
-
Categoría: Portada
-
Publicado el Lunes, 01 Marzo 2021 12:46
-
Escrito por ferrolterra
-
Visitas: 363
A AEF invitada polo Delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, participou nunha reunión coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, e o Director do IGVS, Heriberto García, na que se deron a coñecer as novidades para a comercialización no 2021, do solo empresarial promovido por Xestur.
No noso contorno, serán os Polígonos de Cedeira e Ortigueira os que se beneficiarán dun precio bonificado -redución do 50 %-
Pódese consultar información detallada -parcelas libres, superficie, uso, prezo bonificado, etc.-, no seguinte enlace https://www.xesturgalicia.com/index.php?seccion=solo_empresarial&opcion=solo_disponible
As novidades que ofrece Xestur este ano 2021, para adaptarse ás especiais condicións consecuencia do COVID-19, son as seguintes:
- As empresas ás que se adxudique solo na modalidade de compravenda poderán solicitar unha prórroga para proceder a escriturar o solo. En anos anteriores este prazo era dun mes.
- As empresas adxudicatarias de solo en dereito de superficie (solo a cambio dun canon anual reducido e opción de compra), terán a posibilidade de solicitar 3 anos de carencia para o pagamento do canon. En anos anteriores o prazo era de 12 meses. O canon correspondente ó período de carencia será prorrateado nas 8 anualidades seguintes.
- As empresas adxudicatarias de solo en dereito de superficie , que o desexen poderán adquirir as parcelas con bonificación ata o oitavo ano despois da adxudicación, o que supón dous anos mais que hasta agora. No caso de que adquiran a parcela, descontarase o 40% do pagado en concepto de canon se a adquisición se realiza nos 12 anos posteriores á adxudicación , ata agora este prazo era de 7 anos.
- Increméntanse os requisitos que deben cumprir os adxudicatarios para garantir o cumprimento dos obxectivos das bonificacións:
- Construción nas súas instalacións ou obtención da licencia de actividade no prazo máximo de tres anos dende a formalización da adxudicación en escritura publica.
- Obrigatoriedade de manter a actividade durante 10 anos, que se incrementará a 12 si a parcela se adquire co obxectivo de ofrecer naves en réxime de alugueiro a outras empresas.
As empresas interesadas en presentar ofertas ao concurso poderán facelo ata o vindeiro 23 de marzo.

Curso "Conducción y manejo seguro de grúas hidráulicas articuladas sobre camión para PRL"
- Detalles
-
Categoría: Portada
-
Publicado el Viernes, 26 Febrero 2021 12:56
-
Escrito por ferrolterra
-
Visitas: 437
Duración: 8 horas (4h. teoría/4h.práctica).
Fechas: 9 de marzo de 2021.
Horario: de 09,30 a 13,30 y de 16,00 a 20,00.
Organiza: Asociación de Empresarios Ferrolterra, colabora GAM.
Lugar da Impartición: GAM. Polígono Vilar do Colo. C/Pipela, 3. 15622 Cabanas.
Precio: En función del número de alumnos el coste estará entre los 130€ y los 220€.
Requisitos del alumno:
- Ser mayor de edad.
- Disponer de buen estado psíquico/físico no limitado para la realización de este tipo de actividades.
Información e inscripciones:
- El curso sólo se realizará en caso de reunir el quorum necesario.
- Los trabajadores asalariados pueden bonificar el total del curso a través de FUNDAE, en dicho caso deberán notificarlo a la AEF.
- Contacto: 981 333 305 /
- Dirigido a trabajadores por cuenta ajena, propia o desempleados.
- Imprescindible enviar cubierto el impreso de participación, antes del miércoles 3 de marzo a las 14,00 horas.
- Programa.
- Impreso de participación.
Programa Atrévete 2020-2021
- Detalles
-
Categoría: Portada
-
Publicado el Jueves, 04 Febrero 2021 10:25
-
Escrito por ferrolterra
-
Visitas: 740
A Asociación de Empresarios Ferrolterra participa, un ano máis, no Programa Atrévete tal e como ven facendo desde o ano 2014. Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.
Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e as diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.
+ Info: https://www.edu.xunta.gal/fp/eduemprende-atrevete-2020-2021

Xornada "A venda, unha consecuencia do marketing"
- Detalles
-
Categoría: Portada
-
Publicado el Miércoles, 03 Febrero 2021 09:10
-
Escrito por ferrolterra
-
Visitas: 353

Inscrición: https://forms.gle/NGXZsswQ1f13XHdF8
Sala: https://meet.google.com/vpu-xkuc-auc
Campaña de fomento do emprendemento "Cultura e iniciativas emprendedoras"
- Detalles
-
Categoría: Portada
-
Publicado el Martes, 29 Diciembre 2020 13:55
-
Escrito por ferrolterra
-
Visitas: 467
A Asociación de Empresarios Ferrolterra coa colaboración do concello de Ferrol, promove unha campaña dirixida a fomentar a cultura emprendedora. Así, emprendedores de diferentes sectores de actividade, que iremos descubrindo día a día, darán a coñecer a súa experiencia.

Podes ver todas as experiencias no noso canal de Youtube.
Xornada de fomento do emprendemento "Aplicación de novas tecnoloxías"
- Detalles
-
Categoría: Portada
-
Publicado el Viernes, 27 Noviembre 2020 11:31
-
Escrito por ferrolterra
-
Visitas: 668
O 26 de novembro tivo lugar a Xornada de fomento do emprendemento “Aplicación de novas tecnoloxías” que realizamos en colaboración có Concello de Ferrol, dentro do programa Ferrol Cidade Viva.
Dani Cerqueiro (Docuten), Ubaldo Cerqueiro (Quepasanacosta), David Loureiro e Ana Díaz (Arela Comunicación Sostible) fixéronos chegar a súa experiencia no uso das distintas tecnoloxías para a venda por internet, uso das distintas redes, publicacións dixitais, a xeración de contidos...
Gracias a todos pola vosa aportación.




